tag:blogger.com,1999:blog-1729163659782605373.post6660717221946659139..comments2023-04-03T23:16:51.149+02:00Comments on non des a esquecemento: A CASA DO CÓNSULnon des a esquecementohttp://www.blogger.com/profile/01354793896668061878noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-1729163659782605373.post-44573972321494700612015-02-13T19:07:11.828+01:002015-02-13T19:07:11.828+01:00Moitas grazas polo comentario, é unha información ...Moitas grazas polo comentario, é unha información de moito interese... Gostaria de saber máis desta historia. Apertas!
non des a esquecementohttps://www.blogger.com/profile/01354793896668061878noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1729163659782605373.post-23653579612204664412015-02-13T10:20:08.359+01:002015-02-13T10:20:08.359+01:00Setenta e oito anos despois
No verán daquel ano 1...Setenta e oito anos despois

No verán daquel ano 1936, a República Española; nun Pasaporte para unha soa viaxe dá o testemuño da cualidade de español de orixe e da profesión de labrego... que a finalidade da devandita viaxe é traballar... O Alcalde Presidente do Concello de Taboada; que o veciño deste termino municipal non amosa doenzas físicas ou mentais que mingüen a súa capacidade para o traballo, nen a persoa exerceu a mendicidade e mesmamente ten boa conduta... O secretario accidental do Xulgado de Paz; que o comparecente é persoa de orde e non estivo os últimos cinco anos baixo acción da Xustiza, ou foi á cadea por delitos infamantes... O doutor; que o interfecto non padece enfermidades infectocontaxiosas e ten boa saúde... O Tenente do posto a Garda Civil, por delegación do Comandante Militar, dá o visto bo pra o embarque... O Consulado Arxentino de Vilagarcía de Arousa certifica o libre desembarco no porto de Bos Aires.
Todos eles, ben o saber, ou non, permitiron con legalidade ou lexitimidade ao home vítima do alzamento fascista como os outros aos que lle roubaren a liberdade ou mesmamente a vida, achou nesa eiva a carraxe pra fuxir na procura que inda non lle rouben a súa. Aboiando canto do medo á saudade percorrer o camiño ao exilio e abordar o 26 do mes de festas, no ferruxento peirao vilagarcián unha embarcación portuguesa cara á Arxentina. Dese xeito rispou das gadoupas dos esbirros falanxistas e gardas civís que andaban a bater na súa pescuda, dos arrabaldes da cidade Lucense ata polas bisbarras de Taboada e Chantada, dende os finais de xullo.
Hoxe ben cedo mergulleime no idoso recendo dunha caixa de arquivo no ronsel dos papeis arxentinos, botando unha ollada aos documentos que aquel emigrante, axiña contra a súa vontade, fai xa setenta e oito anos levounos canda el no peto. 26 Agosto 2014Anonymousnoreply@blogger.com