O 11 de agosto de 1936 un coche escuro chegou a Cangas de madrugada. Dentro, un grupo de falanxistas levaba detida a Carmen Pesqueira, A Capirota. Viñan de Marín. Tamén ía no coche un garda civil de Cangas chamado Marcial, “alto, forte, guapo... a admiración de todas as chavalas”.
Lola Blanco e José Rodal |
Despois Lola sentiu o tiro da pistola ("Non chore, señora") e caiu ao chan.
Cando volveu en si tiña o brazo cheo de sangue mais tivo forzas para atalo cun
anaco do mandil e camiñou cara a Marín, percorreu durante cinco días os montes e
as casas nas que lle deron acubillo e chegou a Coiro e alí avisaron a familia e
foron buscala.
A traxedia dos Rodal e os Blanco de Cangas acababa de
comezar naquela noite de agosto de 1936. Pagaron un prezo moi alto por seren republicanos
e de esquerdas e por defenderen os dereitos da súa clase. Lola Blanco Montes
foi xulgada en Pontevedra e condenada a 12 anos e un día. Pasou 5 interminábeis
anos de dor e de silencio na prisión de Pontevedra e no cárcere de mulleres de Saturrarán.
O home de Lola, José Rodal Lanzós, “O Marrixo”, de 52 anos, directivo da Alianza Marinera, foi
detido en Cangas en xullo de 1936. Xulgado en Pontevedra por “rebelión militar”,
foi condenado a cadena perpetua. Estivo catro anos nos cárceres de Pontevedra,
San Simón e San Cristóbal. O fillo máis vello, José Rodal Blanco, combateu na
armada republicana e ao final da guerra pasou a Túnez, estivo recluido no campo
de concentración de Bizerta e máis tarde exilouse en Francia. Nunca máis voltou
a Galiza. Ángel Rodal Blanco, mariñeiro de 20 anos, foi detido xunto con outros
membros da familia porque o seu irmán desertara do exército. O 5 de abril de
1937 sacárono de madrugada da prisión de Vigo e o seu corpo apareceu tirado no
lugar de Piñeiro do Foxo, en Xinzo (Ponteareas). O intento de asasinato de Lola Blanco, na prensa |
Mentres os pais estaban presos, Lola Rodal Blanco e a
súa irmá pasaron un inferno de humillación e de dor. E despois tamén, a interminábel
travesía do insulto, do silencio, da exclusión. Pero non a travesía da culpa,
porque ela e a súa irmá sempre souberon que a causa dos seus era xusta e que toda
a vida terían que defendela. Lola Rodal é un monumento vivo da memoria de
Galiza. Da memoria orgullosa e resistente. Da firmeza para loitar contra o
esquecemento e da coraxe para nomear os asasinos. Lola Rodal, memoria lúcida e
rebelde, muller luminosa, muller xenerosa, trazando coas súas palabras o camiño
da loita pola verdade, pola liberdade.
Lola Rodal Blanco |
PS Conta a memoria popular que aquel garda civil que lle salvou a vida a Lola Blanco quedou tan impresionado por aquela noite de terror e sangue que nunca máis foi a mesma persoa. Nunca puido superar o trauma... E a voz e os recordos de Lola Rodal Blanco, aos seus 95 anos, vanse apagando. Mais está con nós nas gravacións, nos discursos, nos ademáns, no exemplo do compromiso e da loita. Para sempre.
Pero un, moitas veces, cando sabe isto non sabe que facer.
ResponderEliminarMemoria tense que escribir sempre con maiusculas
Gracias por este blog.
ResponderEliminarPerdón por escribir en castellano, pero no soy gallega.
Mi tío-abuelo fue mestre republicano en Coiro, donde lo asesinaron.
Estuve hace unas semanas en el homenaxe que se hizo en Cangas.
La voz de Lola sigue viva en todos nosotros.
Verdade e xustiza
Muchas gracias por este blog.
ResponderEliminarPerdón por escribir en castellano, pero no soy gallega.
Mi tío-abuelo fue mestre republicano en Coiro, donde lo asesinaron.
Estuve hace unas semanas en el homenaxe de Cangas.
La voz de Lola sigue viva en nosotros.
Verdade e xustiza
Muchas gracias por tus palabras, Elisa. Estuve también en el homenaje y escuché tu testimonio lleno de emoción. ¿Tu tío abuelo era Vicente Sáez Ruíz,maestro de Coiro, asesinado en un "raposa" del Lazareto de San Simón el 5 de diciembre de 1936?
EliminarCada día me sorprendo mas con historias duras y crueles y solo por demostrar que no eres como otros,,tuvo suerte en contarlo que otros no pudieron como el caso de la mujer embarazada de Mugardos y después de dar a luz le ejecutan que horror hasta donde llegaba la crueldad en tiempos de guerra,, y para que todo aquello para que un señor diga yo mando y tu tienes que obedecer,,viva la democracia a pesar de todo.
ResponderEliminar