Faustino Otero Beloso, Faustino da Portela, naceu o 2 de agosto de 1891. De rapaz ía ás sollas e aos bojóns co seu pai e así foi aprendendo todos os segredos daquel mar interior, desde a Boca da Ría e Os Cobres até Rande, A Portela e Cesantes.
Co tempo, Faustino complementou o traballo de mariñeiro co transporte de persoas e mercadorias entre San Adrián dos Cobres e Redondela. Tiña un galeón, O Bedrines, dedicado ao transporte, e unha buceta, A Lola, que utilizaba para a pesca. O seu fillo Faustino Otero Lino, nado en 1913, acompañouno desde moi novo nas travesías da ría e nas noites das sollas e bojóns.
Cando en outubro de 1936 se habilitou o antigo Lazareto
de San Simón como prisión, Faustino Otero Beloso e o seu fillo encargáronse do
transporte de víveres á illa. Mais non só levaban os encargos dos
administradores da prisión. Aqueles homes e as mulleres da casa protagonizaron
unha historia de solidariedade que acendeu unha luz de esperanza no horror
daquel tempo de infamia. Libreta de mariñeiro de Faustino Otero |
Co tempo, Faustino complementou o traballo de mariñeiro co transporte de persoas e mercadorias entre San Adrián dos Cobres e Redondela. Tiña un galeón, O Bedrines, dedicado ao transporte, e unha buceta, A Lola, que utilizaba para a pesca. O seu fillo Faustino Otero Lino, nado en 1913, acompañouno desde moi novo nas travesías da ría e nas noites das sollas e bojóns.
Pola casa da Portela pasaban os paquetes de comida e roupa que enviaban as familias dos presos que vivían máis lonxe, no Pais Basco e Cantabria. Contan que Faustino repartía as pertenzas dos que máis tiñan cos presos máis necesitados. E na casa da Portela organizouse a maior rede solidaria de todos os cárceres galegos: unha rede de bolsas que cosían Bernardina Lino, a muller de Faustino, e as súas fillas Teresa e Lola, e que recollían as mulleres de Redondela e Cesantes para lavar a roupa dos presos do Lazareto. E para mandarlles cartas e alimento e agarimo a aqueles homes exhaustos, derrotados, aillados, afastados das súas casas e das súas familias, recluídos naquela “illa dos amores, para a morte confiscada”.
Faustino Otero na casa da Portela |
Upo Mendi cacharrito arruinado
que no vales para nada
Yo paso la vida a flote
sentado en mi camarote
sin poderme distraer
Veo venir a Faustino
con la comida sin vino
para poderla tragar...
A partir daquel verán, Faustino da Portela, a súa
muller Bernardina Lino, as súas fillas Lola, Teresa, Estrella, Carmela, os seus
fillos Faustino, Fernando e Ramón, convertiron a súa casa no epicentro dunha
historia de coraxe e solidariedade que enche de luz, coma unha victoria póstuma
e definitiva, todos os días de terror, todos os días de infamia a bordo da illa
e do Upo Mendi.
Fontes
- Entrevista a Mariló e Rosa Otero, netas de Faustino
da Portela (febreiro de 2015)
- Entrevista a Carmela Otero Lino, filla de Faustino e
Bernardina (febreiro de 2015)
- Gonzalo Amoedo e Roberto Gil Moure: Redondela, crónica dun tempo pasado,
Ediciós do Castro, 2002.
A miña gratitude a María Varela, que me levou até a memoria viva das mulleres da casa da Portela.
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarun honor a mi tataraabuelo y mi bisabuelo dios los tenga en un buen lugar..
ResponderEliminarAlgo tiña escoitado, máis gústame coñecer a verdadeira historia. Grazas.
ResponderEliminar