“A partir
del 18 de julio de 1936 empiezo a sufrir persecución por asuntos políticos
teniendo que presentarme en el cuartel de la Guardia Civil de Moaña un día si y
otro no; cierto día el sargento me invita a ponerme a sus órdenes y a colaborar
con ellos y que no me pasaría nada, yo le dije que eso nunca, antes muerto que
avergonzado”
(Diario inédito de José Casal, veciño de Vilaboa preso durante catro anos no Lazareto de San Simón e no Forte de San Cristóbal).
(Diario inédito de José Casal, veciño de Vilaboa preso durante catro anos no Lazareto de San Simón e no Forte de San Cristóbal).
Casilda díxolles aos fillos que José tiña escritos, que cando morrera xa saberían... O que non lles dixo é que a ela a raparan os falanxistas cando foron deter o seu home en setembro de 1936. E que gardou o cabelo como símbolo da aldraxe daquel tempo infame. O tempo azul no que campaban as sotanas, as correaxes e os uniformes militares.
Casilda Rosendo e José Casal casaron en San Adrián de Cobres, concello de Vilaboa, e en 1932 tiveron unha filla á que lle chamaron Democracia. José, o seu irmán Belarmino e seu curmán Rogelio Casal eran carpinteiros de ribeira, militantes socialistas e directivos da Sociedad de Agricultores e da Sociedad de Obreros de Construción Naval, afecta á UGT. Despois do 20 de xullo sufriron un inferno de persecución, de humillación e de dor, compartido polas súas mulleres e os seus fillos. Unha tortura física e psicolóxica que os acompañou toda a vida co seu ronsel invisíbel de tristeza e de amargura.
José Casal (sentado), Belarmino Casal (centro) e Rogelio Calvar (dereita) |
Hai marcas que permanecen aínda visíbeis, que o tempo non dá borrado. Como aquel día de 1936 en que levaron á igrexa á filla, Democracia Casal Rosendo, e a bautizaron nunha pía separada xunto con outros nenos de familias republicanas. Desde aquela data chamouse Lucrecia Casal Rosendo. E coma ela outra nena que se chamaba Libertad e que foi bautizada como Berta. Aquel día, na igrexa de San Adrián de Cobres, oficiouse o final daqueles nobres ideais –Democracia, Liberdade- na imposición do sal do bautismo a dúas nenas que naceran nun tempo de luz e de horizontes abertos.
José Casal escribiu aquel diario para lembrar, para que se soubese a verdade, para denunciar a inxustiza de tantos crimes impunes. Para que se convertese co tempo nun alegato, nunha acta acusatoria contra a barbarie fascista. E no relato claro de tantas vidas dignas e de tantos heroes sen nome.
Mais tamén quizais para non ter que falar, para instaurar o silencio naquela casa na que nunca máis se volveu contar o que pasara. Naquela casa na que os días 8 de setembro non se traballaba, porque era unha data cargada dunha dor profunda, impresa na fondura da alma, coa amargura da humillación e da derrota.
Esa amargura convertiu a José Casal nun home de poucas palabras, reservado, pensativo, sensíbel, que non podía evitar chorar nas ceas de Noiteboa. E que gardou todos os segredos, todas as renuncias e todas as pequenas vitorias da dignidade humana, nun caderno que conservou coma un tesouro no interior da súa casa, na profundidade da súa alma magoada e chea de grandeza.
Páxina final do Diario inédito de José Casal Fernández (propiedade da familia de José Casal) |
Eu teño a copia dixital dese diario, cedido pola familia de Pepe Casal (era o meu tío avó). Ademais puiden facerlle en vida unha entrevista a Roxelio Calvar. Xunto coas fotos e outros documentos de prisión, servíronme para facer un relato que formará parte dun libriño meu sobre San Adrián que estou preparando.
ResponderEliminarALBERTE BLANCO CASAL
680 826 918
Hola Alberto, estoy a estudar a historia, gustariame muito poder ler parte de ese Diario se rose posible
EliminarTodas as guerras son inxustas, pero unha guerra civil, unha guerra entre irmaus precedida dun golpe de estado contra a Democracia é un xenocidio que deixa fridas tan doentes que nin o tempo pode curar. Só recoñecendo a memoria das víctimas poderemos achar a calma.
ResponderEliminarTodas as guerras son inxustas, pero unha guerra civil, unha guerra entre irmaus precedida dun golpe de estado contra a Democracia é un xenocidio que deixa fridas tan doentes que nin o tempo pode curar. Só recoñecendo a memoria das víctimas poderemos achar a calma.
ResponderEliminar